Che Guevara, donde nunca jamás se lo imaginan (1/8)
Documental do ICAIC, da serie "Cuba: Caminos de la revolución", dirixido por Manuel Pérez Paredes e coproducido por Juan Luis Galiardo, Camilo Vives e Alberto Segura.
Documental do ICAIC, da serie "Cuba: Caminos de la revolución", dirixido por Manuel Pérez Paredes e coproducido por Juan Luis Galiardo, Camilo Vives e Alberto Segura.

Coñécense como Mártires de Carral aos militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila de Carral. Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrentamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís e Cuetos, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril contituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as libertades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia. O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral La Concha para recuperar o territorio. O día 23 comenzou a batalla de Cacheiras entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera. Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario, entregouse aquela mesma tarde. Tres días despois, un xuízo sumarísimo condenouno a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo aos simpatizantes do coronel que había nestas cidades. Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais mais foron pasados polas armas na Fraga do Rin, a medio camiño entre Carral e Paleo, pois xa anoitecía, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. Aínda se poden ver as súas tumbas sen inscrición ningunha. O párroco, quen presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria"... Dez anos despois , un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, erixiuse o actual, que está construído en granito das canteiras de Illó (Pontevedra) e que foi deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di : "Aos mártires dá liberdade mortos ou 26 de abril de 1846. Liga Galega na Cruña". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.
Segundo conta Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Faraldo.

Pucho Boedo (A Coruña 1928 - 26 de xaneiro de 1986) foi un cantante coruñés considerado un mito da canción galega. Pucho Boedo naceu no Ventorrillo en 1928. Era fillo de Xosé Boedo, membro da CNT asasinado no 36, cando Pucho tiña nove anos. Un ano despois o seu irmán José Antonio Boedo Núñez era tamén fusilado. Outro irmán, Manuel Boedo, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Andando o tempo Pucho reencontraríase con el. A finais dos corenta comezou a cantar Radio Juventud no Quiosco Alfonso, gañou un concurso e foi fichado pola orquesta Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Todos quedaron emocionados coa súa voz. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira vez que unha orquesta galega cruzaba o Atlántico. Da súa volta de América, os Satélites traerían ao campo da festa o poder da música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.
Voltou para xuntarse de novo cos Trovadores, que tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Pero sería a partir da súa incorporación a Os Tamara, chamado por Prudencio Romo que se faría popular e chegaría ser, como se di no documental na súa honra, O crooner da fin do mundo (crooner significa "cantante melódico" en inglés). Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Olimpia de París, compartindo escenario con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida pola dictadura. Púxolles música aos versos de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía. Deixou os Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería a cantar até 1982, cando encetou a súa carreira en solitario.