Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O que lle falta o tempo

Categoría: Historia

26/04/2007 GMT 1

Defensa da Língua Galega

nieve @ 19:30

Esta é a defensa feita por Manuel María, o poeta da Terra Chá:

" O idioma é o que nos define como pobo, o que nos fai estar dun xeito persoal e orixinal no mundo, con personalidade propia, e non ser un número máis dun rebaño superior. O idioma galego, que se desdobrou no portugués e que creou na idade media unha das líricas máis importantes do mundo xuntamente coa provenzal, é no que está escrita a nosa verdadeira cultura e os nosos traballos e os nosos días".

23/04/2007 GMT 1

A revolución dos Claveles

nieve @ 20:29

Para todos aquéles interesados no tema, recomendovos un paseo polo espacio do meu amigo Gus que está a facer un magnífico traballo sobre este tema. A dirección é: http://albokari.spaces.live.com/.

Vixésimo cabodano de ZECA AFONSO

nieve @ 20:08

Este mércores, 25 de abril, a TVG xunto coa RTP,  retransmitirá unha homenaxe a Zeca Afonso, que foi gravado no Pazo da Cultura de Pontevedra. Neste seu vixésimo cabodano, Portugal e Galiza lembran ao cantautor con todo tipo de homenaxes, como esta, que ha xuntar artistas das dúas terras: a fadista Dulce Pontes, as voces alentejanas de Vitorino e Janita Salomé, Sergio Godinho, Júlio Pereira, Zeca Medeiros, João Afonso e Cantadores do Redondo. Da nosa beira do Miño, as pandeireteiras Faltriqueira, a innovadora Mercedes Peón, Narf, Víctor Coyote, Antón Reixa, Uxía e compañeiros de viaxe como Benedicto, Miro Casabella, e Xico de Cariño. Mesmo gozaremos dunha banda luso-galego-africana baixo a dirección de Paulo Borges.

 Algúns datos da sua biografía: José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos (Aveiro, 2 de agosto de 1929 - Setúbal, 23 de febreiro de 1987), máis coñecido por Zeca Afonso, foi un cantante e compositor de música protesta portugués. Escribiu, entre outras cousas, música de crítica á ditadura fascista que rexiu Portugal dende 1933 até 1974. Un dos máis coñecidos músicos de Portugal e que anos despois da súa morte permanece todavía cun alto número de vendas tanto no seu país como no estranxeiro. Compuxo a canción Grândola, Vila Morena que serviu de sinal para o inicio da Revolución dos Caraveis o 25 de abril de 1974. Foi criado pola tía Gé e polo tío Xico, nunha casa situada no Largo das Cinco Bicas, en Aveiro, até os 3 anos (1932), altura na que se foi a vivir cos seus pais e irmáns, que estaban en Angola dende había 2 anos. A relación física coa natureza causoulle unha profunda atracción ó continente africano que se reflectirá durante a súa vida. Anos máis tarde descubriría o amargor da realidade social africana da colonización e o apartheid. En 1937, volta para Aveiro onde é recibido por tías do lado materno, mais parte no mesmo ano para Mozambique, onde se reencontra cos pais e irmáns en Lourenço Marques (agora Maputo), onde permanecería até 1938 cando se trasladaría a Belmonte a casa do seu tío Filomeno quen era o alcalde da localidade. Alí completou a instrución primaria e viviu o ambiente máis profundo do Salazarismo, do que o seu tío era fervoroso admirador. El era pro-franquista e pro-hitleriano.O mesmo Zeca diría anos máis tarde "foi o ano máis desgraciado da miña vida". Zeca Afonso vai para Coimbra en 1940 e comeza a cantar por volta do quinto ano no Liceu D. João III. Os tradicionalistas recoñecíano como un bicho que canta ben. Iníciase en serenatas e canta en festarolas de aldeia. O fado de Coimbra, lírico e tradicional, era principalmente interpretado por el. Os medios sociais miserables de Porto, no Barrio do Barredo, inspiráronlle para a súa balada «Menino do Bairro Negro». En 1958, José Afonso grava o seu primeiro disco "Baladas de Coimbra". Grava tamén, máis tarde, "Os Vampiros" que, xuntamente con "Trova do Vento que Passa" (un poema de Manuel Alegre, musicado e cantado por Adriano Correia de Oliveira) se torna nun dos símbolos de resistencia antifascista da época. Foi neste período (1958-1959) profesor de francés e de Historia na Escola Comercial e Industrial de Alcobaça. En 1964, parte novamente para Mozambique, onde foi profesor de Liceo, desenvolvendo unha intensa actividade anticolonialista o que lle comeza a causar problemas coa polícia política pola que será, máis tarde, detido varias veces. Cando regresa a Portugal, é colocado como profesor en Setúbal, mais, debido ó seu activismo contra o réxime, é expulsado do ensino e, para sobrevivir, grava o seu primeiro álbum, "Baladas e Canções". Entre 1967 e 1970, Zeca Afonso tórnase un simbolo da resistencia democrática. Mantén contactos coa LUAR e o Partido Comunista Portugués o que lle custará varias detencións da PIDE. Continúa a cantar e participa, en 1969, no 1º Encontro da "Chanson Portugaise de Combat", en París e grava tamén o LP "Cantares do Andarilho", recibendo o premio da Casa da Imprensa polo mellor disco do ano, e o premio da mellor interpretación. Zeca Afonso pasa a ser tratado nos Xornais polo anagrama Esoj Osnofa en virtude de ser alvo de censura. En 1971, edita "Cantigas do Maio", no cal surxe "Grândola, Vila Morena", que será máis tarde inmortalizada como un dos símbolos da revolución dos caraveis. Zeca participa en varios festivais, sendo tamén publicado un libro sobre el e lanza o LP "Eu vou ser como a toupeira". En 1973 canta no III Congreso da Oposición Democrática e grava o álbum "Venham mais cinco". Após a Revolución dos caraveis continúa a cantar, grava o LP "Coro dos tribunais" e participa en numerosos "cantos ceibes". A súa intrevención política non pára, tornouse un admirador do período do PREC e en 1976 apoia a Otelo Saraiva de Carvalho na súa candidatura á presidencia da república. Os seus últimos espectáculos recorren os Coliseos de Lisboa e de Porto, en 1983, cando Zeca Afonso xa se atopaba doente. No final deste ano, élle atribuída a Ordem da Liberdade, mais o cantor recusa (máis tarde, en 1994, faise unha nova tentativa a título póstumo, pero a súa muller recusa, dicindo que, se o marido non a aceptara en vida, non sería despois de morto canda a rebiría). En 1985 é editado o seu último álbum de orixinais, "Galinhas do Mato", no que, debido ó avanzado estado da doenza, José Afonso non consegue cantar a totalidade das cancións. En 1986, xa na fase terminal da súa enfermidade, apoia a candidaduta de Maria de Lurdes Pintassilgo á presidencia da república. José Afonso morreu o 23 de febreiro de 1987, no Hospital de Setúbal, ás 3 horas da madrugada, vítima da esclerose lateral amiotrófica. Será certamente recordado como un resistente que conseguiu traer a palabra de protesta antifascista á música popular portuguesa e tamén polas súas outras músicas, da que son exemplo as súas baladas. 

DISCOGRAFIA:

 * Balada do Outono (1960, EP)

 * Baladas de Coimbra (1962, EP)

 * Ó vila de Olhão (1964, single)

 * Cantares de José Afonso (1964, EP)

 * Baladas e canções (1964)

 * Cantares de andarilho (1968)

 * Contos velhos rumos novos (1969)

 * Menina dos olhos tristes (1969, single)

 * Traz outro amigo também (1970)

 * Cantigas do Maio (1971)

 * Eu vou ser como a toupeira (1972)

 * Venham mais cinco (1973)

 * Coro dos tribunais (1974)

 * Viva o poder popular (1974, single)

 * Grândola, vila morena (1974, EP)

 * Com as minhas tamanquinhas (1976)

 * Enquanto há força (1978)

 * Fura fura (1979)

 * Ao vivo no Coliseu (1983, álbum duplo)

 * Como se fora seu filho (1983)

 * Galinhas do mato (1985) 

Verdes são os campos

nieve @ 20:07


Zeca Afonso

nieve @ 19:56

Tributo a um doa maiores poetas e defensores da liberdade em Portugal

Zeca Afonso - 20 anos depois

nieve @ 19:54

Parte do documentário exibido na RTP1 dia 23/2/07

Zeca Afonso - 20 anos depois: concerto

nieve @ 19:53


16/04/2007 GMT 1

Libro de historia (Vilaxoán)

nieve @ 12:55

Persoalmente penso que é un libro para todo o mundo que lle guste a historia. Teo ten unha maneira de escribir que te sumerxe na historia de Viloxoan como si foses un veciño ou veciña máis da vila.


Saturrarán 1940 - 2007

nieve @ 12:42

Homenaxe o conxunto de mulleres presas na cárcere de Saturrarán (Guipúzcoa), entre os anos 1938 e 1944, víctimas da represión fascista pola sua lealdade a República e a sua defensa da Liberdade e a Democracia, e en especial a aboa do autor do vídeo, Teresa.


1937 - Discurso de Pasionaria

nieve @ 12:34


Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis