Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O que lle falta o tempo

Categoría: Manuel Lugrís

16/03/2007 GMT 1

Máis sobre Lugrís

nieve @ 11:52

UNHAS PALABRAS DO AUTOR

A literatura galega-a feita na euritmia da noble fala nosa, esquecida á míudo por aqueles fíllos de Galicia que, por unha cultura íncompreta ou descamíñada, son alleos aos nosos problemas de reíntegracíón espiritual-, tivo un felís rexurdímento na mítade do século derradeiro. Os nomes de Rosalía Castro, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas, Eduardo Pondal e outros, son d' abondo para rozaren de groría os fastos da nosa historia literaria, e para demostrar que o idioma galego era o único medio natural e propio para dar a conoscer as arelas do noso espíritu en todal-as manifestacíós d' un pobo que non quere nín pode morrer.
Aqueles altísimos poetas puxeron nas suas produccios a modalidade dialectal das comarcas en que foran nados, á semellanza dos poetas gregos dos tempos clásicos, e dese xeíto donaron elementos percísos, xuntamente có que hasta entór se tiña feito, para estudar en conxunto o idíoma. Mais, pasados aqueles días de groría escentílante, outros escritores, sin faceren siquera un exáme do que debían tér como morlelos literarios e lingüísticos, comenzaron á empregar a nosa fala c'un desconoscemento compreto das suas leíses fonolóxicas e gramaticás. Unha verdadeira anarquia noxenta produxeron dentro das nosas letras. E, axuntando este feito cô d' escolleren motivos pouco honestos e parolas brutas, que non usaban cando escribían en castelán, fíxeron un labor que, en verdade, levaba camíño d' unha desfeita, e de finar para sempre coa lênda de que a nosa meiga fala fora aquela con quê reises e trovadores engaíolaran os pobos ibéricos en séculos pasados. Este mal agravouse nos dias d' agora, e d' aqui nasceu o pensamento de que eu, o mais humilde dos vellos escritores, enxergase esta Gramátíca, coa fin de que os bôs e estudosos puderan achar nela Algunhas regras de proveito para se guiaren no emprego da nosa fala.
Ben sei a responsabilidade que sobre de min botei; non íñoro que a crítica tên de fincar o seu dente neste libro. Sô teño unha dísculpa, esta: levamos moitos anos agardando por unha Gramática do Idioma, e como non aparescía por níngures, eu adíqueí os poucos momentos de vagar para a facer. E fíxena, pondo sempre o pensamento e os pulos do meu corazón na nobre causa da rexeneracíón e melloramento da Terra.
Nin a meritísima «Gramátíca Gallega» de Saco Arce, símpremente dialectal, escrita n-un tempo en que a nosa literatura non acadara o desenrolo d' oxe; nín o escelente estudo fonético e morfolóxíco de García de Díego na sua «Gramátíca Hístóríca», nín outros traballos mais, satísfan a necesidade que sentíamos d' unha Gramática sintética do Idioma, na que poídéramos atopar as regras precisas e comprobadas, sobre todo no que abrangue â composícíón e axuntamento das palabras. Ende ben, aqueles líbros e os asínalados na nota bibliográfica posta no final desta obra, foron os que informaron e guíaron os meus estudos gramaticás. Honradamente, sínxela
mente, desacubilleí os principios que, no meu humilde entender, atínguen ao idioma. Algunhas veces non están d' acordo coa ortografía e morfoloxía que levo empregada nos meus cativos traballos literaríos, mais elo será unha proba da independenza e sínceridade con que este libro foi feito.
Inda que moitos o non crean, teño a seguranza de que a fala galega-mais que a raza, mais que o propio chan-ê o refrexo da nosa alma, o factor estático mais esgrevío, o espello do noso ethnos, a hostía sagra coa qué os «bôs e xenerosos» comulgarán decote no altar da Terra, coa cobíza de a ver grande e libre.
Eu, vello soldado da santa e xusta causa, que no alborexar da mocedade xureí solenemente defendel-a sua bandeira, quero chegar de xionllos cabo do altar celta, e nel pôr esta ofrenda á aquelo que foi, e será sempre, luz que me guiou e deu alentos nos amargurados días da míña vida.

M Lugrís Freire
A Cruña, 1922.

A GAITA GALEGA - Manuel Lugrís

nieve @ 11:50

A PRESENTACIÓN A GAITA GALEGA

«O renacemento literario en Galicia vai collendo novas forzas, y -a nosa lingua ocupa hoxe un posto brilante entr'as rexionales. (...).

Nosoutros que adouramos â nosa terra con verdadeiro amore; nosoutros, os gallegos de Cuba que siguimos (...) todol-os xeitos que tom'a rexeneración d'a pátrea; (...) non podemos por menos qu' axudar (...) á erguer d'a deixadez en que por longo tempo estivo, a dociña fala dós nosos abôs. - E de moita importanza pra nosoutros o protexela: (...) o deixala n-o olvido é aldraxarnos a nosoutros mesmos, é renunciar por compreto a que sea un feito o que para moitos é un tolo deseio.

Inda qu'eisi non fora: nosoutros pensamos qu'a lingua qu'enxendrou ô portugués ô castellano; á lingua que n-o sigro XIII é XIV estivo en uso n-as Castelas, e casi n-a Spaña enteira, com'a mais própea pr'o linguaxe d'as musas; a lingua en qu'Alifonso o sábeo escribeu as mais brandiñas cántigas, a lingua co'a que Curros Enriques fai despertar n-o peito o santo entusiasmo pol-a pátrea, e Rousalía Castro fainos ouir a parola d'os anxeliños; a lingua en qu'as noxas nais nos insinaron a sentir as primeiras emociós; isa lingua é dina, é merecente de que teña n-o Novo-Mundo un periódico escrito sosmente n-ela.»

Roque d'as Mariñas, «O noso pensamento», A Gaita Gallega, época 1ª, ano 1º, tocata 1ª, A Habana, 5-VII-1885, p. 1.

Irmandade da Fala da Coruña

nieve @ 11:48

Discurso pronunciado na sede da Irmandade da Fala da Coruña o día 16 de marzo de 1923, publicado o 1 de abril n’ANT

Manuel Lugrís Freire




O que eu podo dicirvos, en verdade, é que non fun in me sentín endexamais con pulos de apóstolo. Sinxelamente, nos primeiros anos da miña mocidade, ergueuse na miña alma a convición de que era fillo dunha terra asoballada, e que, liberándoa, acadaría a alta categoría de home libre e digno. Traballei, pois, para me redimir, para ter a fe nos altos destinos da Terra; traballei no meu favor, e nada cumpre que me agradezades por tal traballo...

Nos tempos de agora, entre certos sectores da opinión, ten grande predicamente o cosmopolitismo. Eu, home das esquerdas, tamén son cosmopolita, mais soamete no senso xurídico; quero dicir, que a xustiza, a liberdade de todos os homes, o respecto a todos os lexítimos dereitos, o recoñecemento da dignidade humana, non deber ter fronteiras nin límites. Máis fixádevos ben, todo isto non ten efectividade se non se recoñece o home dentro da realidade, distribución e accidentes que no mundo o arrodea....

A denominación étnica de Galicia persistiu a través de todos os tempos da historia. As noticias máis antigas, as cartas máis vellas da xeografía, da sempre ás terras nosas a denominación de Galicia. Podemos dicir, sen medo a trabucarnos, que ningunha nacionalidade europea, tivo máis inalterablemente o seu nome étinco, e ben sabido é que tal denominación ten unha relación grande coa diferenciación das xentes que ocupan o territorio.

Castela, Andalucía, Valencia, a mesma Francia e Inglaterra, son denominacións novas. Portugal non se chamou así ata os tempos da reconquista, en que tomou o nome do Porto, segundo os historiadores lusitanos.

A lingua de Galicia, a que acadou máis axiña cultura literaria entre os idiomas hispánicos, ten características propias, vernáculas, que fan dela un instrumento orixinal. Á parte do seu réxime e construción, das particularidades da súa morfoloxía e do numero de sons que rexistra a súa fonética, a música, o “modus dicendi” e de tal natureza que rompe a semellanza con todas as demais, incluso co portugués. Cando eu fixen a miña gramática, na fonética portuguesa non achei nada, ou case nada de aproveitable. A vocalización do galego, agás da súa variedade, é clara e precisa, namentres que a do portugués é escura e indeterminada, de tal xeito qeu aínda os acostumados a ouvilo, deixamos de entender algunhas verbas, que graficamente teñen a mesma representación nos dous idiomas. As semellanzas que teñen entre si, non son dabondo para dicirmos que sexan a mesma lingua....

Seis séculos de tiranía, de persecución, de abafamento, de algraxe e ignominia, en que todo nos foi negado, en que a nosa fala era considerada como verbo de parias, en que todo se escribía en castelán, traballando para tan triste fin moitos dos seus fillos ¡Galicia vive, Galicia é inmortal! A nosa música, a nosa fala vivien con máis pureza e máis agasallada polas xentes, que nos tempos dos Reis Católicos. Galicia vive, porque ten todas as condicións que a etnografía recoñece pra que un pobo poida formar corpo de nación, para que teña dereito a arredarse do estado que só merece o nome de “administración”, mais nunca o de nación. Que así non pode nomearse unha xuntanza híbrida enque viven acorando pobos dignos de mellor sorte....

CANTIGA DOS AMIGOS DA FALA

nieve @ 11:44

Na fala gallega vive

A ialma da nosa terra;

A redención de Galicia

Nos seus acentos latexa.

Pobo que o seu verbo esquece

É traidor á natureza;

Como irmáns todos falemos

A nobre fala gallega.

Amigos da Fala somos

Y-o amor de Galicia sea,

Xa que de todos é nai,

Quen nos xunte e nos protexa

Manuel Lugrís, “Mestre da Fala” nomeado polos seus compañeiros da Irmandade de Amigos da Fala da Coruña, escribiu este poema que se convertiu no primeiro himno da asociación, e que recolleu nos seus “Poemas de loita”, 1918.

DISCURSO DE MANUEL LUGRIS FREIRE

nieve @ 11:39

(BETANZOS, 6 DE OUTUBRO DE 1907)MITIN DE
SOLIDARIDAD GALLEGA

Mariñáns e montañeses, homes traballadores e honrados, saúde.

O que agora ten o atrevimento de falarvos, é tamén un mariñán que tivo a grande sorte de nacer nesta bendita e ridente terra nosa; e coma tal mariñán, quérovos falar na lingua gallega, primeiramente, porque deste xeito entenderédesme mellor, e despóis porque un boletín da Coruña, que pra escarnio e vergonza do bon sentido leva o nome santo da nosa terra, dixo que se hoxe se vos parolaba en gallego, na fala que adeprendimos das nosas nais, na fala querendosa en que vosoutros namorástedes ás compañeiras da vosa vida e dos vosos infortunios, nais cariñosas dos vosos fillos, enterraríase no ridículo a propaganda de redención, de verdadeira libertá, que alborexa para esta terra. (Aprausos.)

Con todo o meu corazón quero esta terra mariñana, terra que defendín aquí i en terras de lonxe, gabándome sempre de sere paisano voso. Como tamén sobre a fala gallega, que é sagrada para nós, por ser un herdo dos nosos antepasados, deixaron caer a súa bulra os estúpidos que renegan do que nin siquera renegan as feras, quero hoxe, repito, falarvos na nosa fala, porque é unha fala honrada, na que aínda non se furtóu, na que non se escribiron os recibos dos consumos, e as notificaciós de embargo das vasas facendas, nin a declaración de soldados que arrinca dos vosos lares ós fillos cando vos fan máis falta para o duro traballo da terra. (Grandes aprausos).
Din por aí que a emigración é causa boa. Poida que por decontado o sea. Pero eu, mariñáns, que tamén fun emigrante, podo decirvos que é boa, como é bon que un sentenciado á morte negra fuxa, se pode, do cárcere; como un home fuxa da terra inzada de lobos, como o paxaro fuxa do cova das víboras. Que lle pergunten ao gallego por qué larga da súa terra, que lle pergunten cántas bágoas verteron os seus ollos ao dar o derradeiro adiós á terra quirida, ao cimiterio que garda as cinzas dos seus pais, á aldea quirida onde xogóu de pequeno ... ¡Que lle pergunten! E se eles responden, veredes qué negra noite de angustias, que doridos laios levan na ialma ao deixaren esta terra, que debía ser nosa, e que non podemos vivir nela porque non hai xusticia nin libertá senón para esa maldita casta que chamades caciques.

Eu que vivo na Cruña, teño visto ós emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo ... , que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves e levan os callos na ialma. (Un paisano grita: "¡Benia a nai que o paríu!").
Meus paisanos, meus irmãs, escoitade ... , escoitade ben. Non vos esquenzades, eu volo rogo, de que a unión é a forza, e se vos xuntades, non hai cañós que poidan con nosoutros.

Ben sabedes que hai un paxaro ladrón, fero e forte, que se chama o bexato. Este paxaro anda sempre voando sobre das vosas chousas agardando o momento de atopar unha víctima. Cando un pito queda solo na eira ou no curro, o bexato baixa como unha centella e cómeo. Pero hai outro paxaro cativo, o gorrión, que cando se ve atacado cha¬ma piando polos demás gorriós para que lle vallan, e como os gorriós teñen irmandade e axúdanse, xúntanse todos e bótanse sobre do bexato, e mátano. ¡Pois ben, marináns, xuntádevos todos vós contra dos bexatos da política que voan sobre dos vosos hórreos! (Atronadores aprausos).

E non coidedes que estas asociaciós para a vosa defensa é cousa nova nesta terra das Mariñas. Noutros tempos, no sigro XIII, habia unhos homes poderosos, condes, marqueses e nobres, que vivian en castelos nos cumes das montañas, sempre escollidos polos paxaros de rapina, e que se facian donos das vosas vidas, das vosas honras e máis das vosas terras. Un dia, un poeta marinán, chamado Patiño, que tiña na ialma a nobreza e fidalguía dos betanceiros don Víctor Naveira e don Juan Golpe que vos dirixen nestes tempos, xuntóu a todos os labregos das Mariñas ... e aqueles nobres, condes e marqueses, foron duramente escarmentados, os seus castelos desfeitos, e a xusticia cumprida; e de escravos fixéstevos homes libres pola razón da forza que sempre se encontra na irmandade e na unión, e a forza é un dereito cando nos queren curtar aquela de que sólo Dios é dono: a libertá e a honra.

Hoxe rexurden aqueles malos homes, que é ben certo que a mala herba non morre senón arrincándoa de rais e aplicándolle fogo; hoxe volven a facervos escravos, a roubarvos o direito de homes libresi, o tedes que tornar a xuntarvos fortemente contra dos bexatos do caciquismo. (Aprausos).

Escoitadeeste pequeno conto, que é de moito proveito.
Unha vez un vello petrucio estaba enfermo de morte. Xuntou rente do seu leito aos nove fillos que tiña, e díxolle ao máis pequeno que collera unha vara de bimbio e que a rompera. A vara rompeu facilmente. Despóis díxolle ao fillo máis vello, que era forte e valente que rompera as nove varas xuntas. Por moita forza que fixo, non puido nin siquera doblalas. Entonces dixo o vello petrucio: "a vedes, meus fillos, que unha vara sola é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre. Eu vou a morrer axiña, e rógovos que teñades sempre irmandá, que vos defendades todos xuntos, para que os os vosos enemigos non poidan facervos mal".

Seguide, pois, asociándovos; xuntádevos contra dos vosos enemigos, e seredes fortes, e seredes libres, e faredes libre e honrada, rica e poderosa, a terra quirida onde todos nacimos.
¡Viva Galicia! ¡Viva a solidaridá! (Grandes e prolongados aprausos).

[MANUEL LUGRÍS FREIRE, "Discurso", en EUGENIO CARRÉ ALDAO, Literatura gallega, segunda edición, Barcelona, 1911, pp. 496-498.]

LUGRIS - Político

nieve @ 11:37

Na fala gallega vive
A ialma da nosa terra;
A redención de Galicia
Nos seus acentos latexa.

Pobo que o seu verbo esquece
É traidor á natureza;
Como irmáns todos falemos
A nobre fala gallega.


Manuel Lugrís Freire

nieve @ 11:34


Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis