A GAITA GALEGA - Manuel Lugrís
A PRESENTACIÓN A GAITA GALEGA
«O renacemento literario en Galicia vai collendo novas forzas, y -a nosa lingua ocupa hoxe un posto brilante entr'as rexionales. (...).
Nosoutros que adouramos â nosa terra con verdadeiro amore; nosoutros, os gallegos de Cuba que siguimos (...) todol-os xeitos que tom'a rexeneración d'a pátrea; (...) non podemos por menos qu' axudar (...) á erguer d'a deixadez en que por longo tempo estivo, a dociña fala dós nosos abôs. - E de moita importanza pra nosoutros o protexela: (...) o deixala n-o olvido é aldraxarnos a nosoutros mesmos, é renunciar por compreto a que sea un feito o que para moitos é un tolo deseio.
Inda qu'eisi non fora: nosoutros pensamos qu'a lingua qu'enxendrou ô portugués ô castellano; á lingua que n-o sigro XIII é XIV estivo en uso n-as Castelas, e casi n-a Spaña enteira, com'a mais própea pr'o linguaxe d'as musas; a lingua en qu'Alifonso o sábeo escribeu as mais brandiñas cántigas, a lingua co'a que Curros Enriques fai despertar n-o peito o santo entusiasmo pol-a pátrea, e Rousalía Castro fainos ouir a parola d'os anxeliños; a lingua en qu'as noxas nais nos insinaron a sentir as primeiras emociós; isa lingua é dina, é merecente de que teña n-o Novo-Mundo un periódico escrito sosmente n-ela.»
Roque d'as Mariñas, «O noso pensamento», A Gaita Gallega, época 1ª, ano 1º, tocata 1ª, A Habana, 5-VII-1885, p. 1.

Chúzao
del.icio.us

