Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O que lle falta o tempo

16/03/2007 GMT 1

Máis sobre Lugrís

nieve @ 11:52

UNHAS PALABRAS DO AUTOR

A literatura galega-a feita na euritmia da noble fala nosa, esquecida á míudo por aqueles fíllos de Galicia que, por unha cultura íncompreta ou descamíñada, son alleos aos nosos problemas de reíntegracíón espiritual-, tivo un felís rexurdímento na mítade do século derradeiro. Os nomes de Rosalía Castro, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas, Eduardo Pondal e outros, son d' abondo para rozaren de groría os fastos da nosa historia literaria, e para demostrar que o idioma galego era o único medio natural e propio para dar a conoscer as arelas do noso espíritu en todal-as manifestacíós d' un pobo que non quere nín pode morrer.
Aqueles altísimos poetas puxeron nas suas produccios a modalidade dialectal das comarcas en que foran nados, á semellanza dos poetas gregos dos tempos clásicos, e dese xeíto donaron elementos percísos, xuntamente có que hasta entór se tiña feito, para estudar en conxunto o idíoma. Mais, pasados aqueles días de groría escentílante, outros escritores, sin faceren siquera un exáme do que debían tér como morlelos literarios e lingüísticos, comenzaron á empregar a nosa fala c'un desconoscemento compreto das suas leíses fonolóxicas e gramaticás. Unha verdadeira anarquia noxenta produxeron dentro das nosas letras. E, axuntando este feito cô d' escolleren motivos pouco honestos e parolas brutas, que non usaban cando escribían en castelán, fíxeron un labor que, en verdade, levaba camíño d' unha desfeita, e de finar para sempre coa lênda de que a nosa meiga fala fora aquela con quê reises e trovadores engaíolaran os pobos ibéricos en séculos pasados. Este mal agravouse nos dias d' agora, e d' aqui nasceu o pensamento de que eu, o mais humilde dos vellos escritores, enxergase esta Gramátíca, coa fin de que os bôs e estudosos puderan achar nela Algunhas regras de proveito para se guiaren no emprego da nosa fala.
Ben sei a responsabilidade que sobre de min botei; non íñoro que a crítica tên de fincar o seu dente neste libro. Sô teño unha dísculpa, esta: levamos moitos anos agardando por unha Gramática do Idioma, e como non aparescía por níngures, eu adíqueí os poucos momentos de vagar para a facer. E fíxena, pondo sempre o pensamento e os pulos do meu corazón na nobre causa da rexeneracíón e melloramento da Terra.
Nin a meritísima «Gramátíca Gallega» de Saco Arce, símpremente dialectal, escrita n-un tempo en que a nosa literatura non acadara o desenrolo d' oxe; nín o escelente estudo fonético e morfolóxíco de García de Díego na sua «Gramátíca Hístóríca», nín outros traballos mais, satísfan a necesidade que sentíamos d' unha Gramática sintética do Idioma, na que poídéramos atopar as regras precisas e comprobadas, sobre todo no que abrangue â composícíón e axuntamento das palabras. Ende ben, aqueles líbros e os asínalados na nota bibliográfica posta no final desta obra, foron os que informaron e guíaron os meus estudos gramaticás. Honradamente, sínxela
mente, desacubilleí os principios que, no meu humilde entender, atínguen ao idioma. Algunhas veces non están d' acordo coa ortografía e morfoloxía que levo empregada nos meus cativos traballos literaríos, mais elo será unha proba da independenza e sínceridade con que este libro foi feito.
Inda que moitos o non crean, teño a seguranza de que a fala galega-mais que a raza, mais que o propio chan-ê o refrexo da nosa alma, o factor estático mais esgrevío, o espello do noso ethnos, a hostía sagra coa qué os «bôs e xenerosos» comulgarán decote no altar da Terra, coa cobíza de a ver grande e libre.
Eu, vello soldado da santa e xusta causa, que no alborexar da mocedade xureí solenemente defendel-a sua bandeira, quero chegar de xionllos cabo do altar celta, e nel pôr esta ofrenda á aquelo que foi, e será sempre, luz que me guiou e deu alentos nos amargurados días da míña vida.

M Lugrís Freire
A Cruña, 1922.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis