Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O que lle falta o tempo

22/03/2007 GMT 1

O que penso sobre as guerras

nieve @ 13:48

Non importa as xustificacións que se plantexen, coido que é absolutamente imposible algo coma unha guerra xusta e correcta.

As guerras son incruentas, sucias, cheas de tristura e miserias. O ser humano que viviu unha guerra sabe que xamáis debe repetirse. As xentes vagan nun mar de fogo, angustia extrema, sentindo unha terrorífica tristura e impotencia vendo como as persoas morren a seu lado.

Na guerra, os seres humanos son tratados como medios para un fin e só produce sofrimento e calamidades as persoas comúns, as familias, as nais… Cada persoa que morreu nunha guerra era un ser irremplazable e invalorable, o pai, o fillo o amigo, o curmán dalguen… Por iso debemos sempre opoñernos a guerra. Todas as rivalidades e conflictos deben ser resoltos con diálogo, sabiduría, diplomacia… sobre todo sabiduría e non mediante o poder da forza.

No seu libro “No más guerra”, o dous veces gañador do Premio Nobel, Linus Pauling, escribiu: “Yo creo que existe un poder en el mundo que es mayor que el poder maléfico de la fuerza militar, o de las bombas nucleares. Existe el poder del bien, de la moralidad y del humanismo. Yo creo en el poder del espíritu humano”.

É probable que unha das primerias condicións para o establecemento da paz sexa que a xente se coñeza uns e outros, que comencen a comprenderse e apreciarse mutuamente. A xente xoven que non está atrapada no pasado pode a miudo abrir o camiño.

É demasiado arriesgado deixar o futuro do mundo nas mans dos políticos. As persoas deben ser sabias e tomar decisión e accións en pro da paz. Debemos unirnos máis alá das fronteiras, unirnos no noso rechazo a idea da guerra mesma. A paz nunca pode ser alcanzada con só esperala. É necesario que cada un de nos, sin importar o débiles que coidemos ser, tomemos medidas

Gabriela Miestral escribiu o seguinte: “Tengan coraje, mis amigos, el pacifismo no es un dulce como algunos piensan. Continúen hablando por la paz, contra viento y marea. El pacifismo no es algo fácil. Uno no debe aceptar la injusticia en silencio. Mis amigos, continúen levantando su voz hasta que el círculo de paz se extienda”.

Somos nós os que debemos construir un mundo sin guerras. Se pensamos que é unha meta imposible, que vida teremos?

Aquí vos deixo un vídeo dos Dire Straits, chamado Brothers in Arms. Non sei si é o máis apropiado para o que aquí escribin, pero gustame a canción.


Comentarios

Un Comentario »

  1. Boas nieve: Coido que acertaches co de Dire Straits. Con respeto ao da guerra, se os políticos minten como cosacos e fan desa mentira un patriotismo que nada ten que ver cos intereses da poboación, pero si dos intereses económicos da clase pudiente, esa poboación cae nesa trampa e logo nos atopamos nunha guerra que sabemos como comeza pero nunca como remata. Oxalá en este país non cheguemos a ser como robots fabricados en USA e pensemos co noso criterio.

    sarampelo | 22-03-2007 - 15:33:11 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis