Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O que lle falta o tempo

06/05/2007 GMT 1

O Cuestionario de Proust

nieve @ 00:32

Sarampelo invitoume a contestar o cuestionario Proust, asi que imos aló.

  • ¿O principal rasgo do meu carácter?: A curiosidade
  • ¿A cualidade que prefiro nun home?: A valentía de ser él mesmo, sin máscaras
  • ¿A cualidade que desexo nunha muller?: O mesmo. ¿Por qué tene que ser diferente?
  • ¿O qué máis aprecio nos meus amigos?: O mismo que nas duas anteriores. Que sexan eles mesmos, sen máscaras.
  • ¿O meu principal defecto?: A cabezonería
  • ¿A miña ocupación preferida?: Calquera que me faga sentir e vibrar
  • ¿O meu soño de dicha?: Vivir nun mundo xusto
  • ¿Cal sería a miña maior desgraza?: Perder os meus seres queridos
  • ¿Qué quixera ser?: Eu, cos meus defecto e virtudes, soños e limitacións
  • ¿Onde desexaría vivir?: Onde estea o meu fogar
  • ¿A cor que prefiro?: Blanco, Vermello e Negro... segundo o momento e a circunstancia.
  • ¿A flor que prefiro?: A camelia
  • ¿O paxaro que prefiro?: Non teño preferencias
  • ¿Os meus autores preferidos en prosa?: Saramago, Suso de Toro, Angela Becerra, Victor Kemplerer, Ken Follet, Carlos Ruíz Zafon, Michihiko Hachiya, Paulo Coelho
  • ¿Os meus poetas preferidos?: Celso Emilio Ferreiro, Pablo Neruda, Antonio Machado, Miguel Hernández, Mario Benedetti, Federico García Lorca, Uxío Novoneyra, Manuel María
  • ¿Os meus heroes de ficción?: O collete, do corre caminos, nunca se daba por vencido
  • ¿As miñas heroinas de ficción?: Wilma, a muller de Pedro Picapiedra. Sendo aqueles anos e debuxos gringos, facía o que lle petaba.
  • ¿Os meus compositores preferidos?: Verdi, Pablo Milanés, Aute, Silvio Rodríguez, Luis Llach, Serrat, Ricardo Arjona...
  • ¿Os meus pintores predilectos?: Os clásicos
  • ¿Os meus heroes da vida real?: A xente do pobo, as persoas reales coas suas vidas diarias
  • ¿As miñas heroinas históricas?: As mulleres reales, as que loitaron polas suas creencias, por exemplo, durante a república
  • ¿Os meus nomes favoritos?: Alex
  • ¿Qué detesto máis que nada?: A cobardía, abre a porta a moitas máis cousas.
  • ¿Qué caracteres históricos desprezo máis?: O fascismo en todas as suas formas
  • ¿Que feito militar admiro máis?: Non podo admirar nada "nacido" ou "feito" baixo o mandato do ordeno, mando e fago saber
  • ¿Qué reforma admiro máis?: A II República española, a espera de que chegue a III
  • ¿Qué dons naturais quixeras ter?: Facer milagros: qué desapareceran nun chisco de dedos a fame e a inxustiza no mundo
  • ¿Cómo me gustaría morrer?: Con dignidade, pudendo decidir por min mesma
  • ¿Estado presente do meu espirito?: Agora mesmo, 1.30 da madrugada, con un tanto de sono
  • ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?: A defensa de causas xustas
  • ¿O meu lema?: Encher os anos de vida e non a vida de anos
Comentarios

Comentarios(3) »

  1. Remato de ler o devandito cuestionario, A última resposta gustoume moito iso de: "encher os anos de vida e non a vida de anos" é algo moi especial, moi filosófico.

    sarampelo | 06-05-2007 - 20:40:25 GMT 1 #

  2. Adiantouse Sarampelo.
    Si señor, a última resposta encerra un auténtico tratado de saber vivir. Moitas veces olvidámonos diso, e así nos vai.

    Ninsesabe | 07-05-2007 - 12:01:11 GMT 1 #

  3. Te dejé un comentario y creo que no salió... En fin: que nuestras respuestas son muy parecidas, las de todos los que lo hemos hecho de por aquí. Y, que me encanta eso del Coyote y de Wilma. Pero ahora que me fijo -esto es nuevo- Ninsesabe y Teo tienen muchísima razón.

    Gustavo | 07-05-2007 - 17:43:10 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis