Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O que lle falta o tempo

05/07/2007 GMT 1

Pere Navarro

nieve @ 20:12

perenavarro.jpg

Ainda que os "creadores de opinión" pretendan vendernos a idea dun país moderno e sobre culto, é todo unha grande mentira. A clase política segue a evidenciar unha falta clara da máis mínima sabiduría e do saber libresco andan máis ben curtos. Mencionar aquí a diferencia entre sabiduría e saber libresco é de tolos, sería como empezar a dar leccións das primeiras letras. Non teño nin tempo nin ganas.

Lástima que os políticos profesionais non sepan gañarse mellor o xornal. Un exemplo claro de profesionalidade zafia, carente de intelixencia, sin sabiduría é o "señor" Pere Navarro, director xeral de tráfico, por todalas "perlas" ditas no pasado e presente.

Esta mañan, no café das nove, deixoume atónita este titular do Faro de Vigo: "PP y BNG piden la dimisión de Pere Navarro por culpar de los accidentes a la psicología del gallego" . Pode leerse o árgio completo en:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3042&pIdSeccion=4&pIdNoticia=147016

Decirlle a este home que a próxima vez que veña pola miña terra, abra ven os ollos, os oídos, as orellas, a vista... aprenda algo meu, que a sua viaxe lle sirva para algo... Por certo, non sei si saberá que a socioloxía como o periodismo e algunha que outra profesión, tiveron os seus orixes nos oficios e non nas licenciaturas. Quero decirlle con isto que é posible que necesite falar cun sociologo de ofico e non de beneficio, máis que nada para saber do que fala e facelo con propiedade, sabendo o que se está a dicir. E si non entende isto, sintoo por vostedes, xa estou maior dabondo para explicacións obvias... home, a ver si vai ser que como son galega pense vostede que non se sabe ben o que digo... como está escrito en galego poida que non entenda... ata a hora de votar, claro está.

Oxalá o goberno galego sexa precisamente iso, goberno galego e non outra cousa. Mira, poda que sexa unha boa ocasión para demostrar que as cousas si cambiaron.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis